Dentro do taller pasan cousas.

Un espazo onde as xoias nacen,
se transforman e cobran sentido.

¿Cando alguén abre a porta de ne/ma por primeira vez…
¿que che gustaría que atopase?

Gustariame que respirase tranquilidade.
Que non sentise que entra nun sitio onde hai que mercar algo.

Aquí as xoias non aparecen nunha vitrina.
Nacen neste espazo.

Cada día o taller conta unha historia diferente.

Tí sempre dis que
ne/ma non é unha xoiería.
¿Por qué?

Porque aquí non compramos xoias feitas por outras persoas para despois revendelas.

Aquí as xoias nacen e tamén se transforman.

Acompañamos todo o proceso ata que esa peza ten sentido para quen a vai levar.

Todo o que sae deste taller pasa polas túas mans.
¿Por qué é importante para tí que sexa así?

Porque para mín o oficio do xoieiro é ter paciencia e deixar que as mans se expresen a través do metal.

Interpretar unha idea, unha conversa, un debuxo ou algo que ves na natureza.

E ás veces , o metal tamén che vai indicando o camiño.

«O metal tamén che vai indicando o camiño.»

Se alguén entrase agora mesmo no taller seguramente lle sorprendería atopar ferramentas tradicionais xunto a un ordenador, unha impresora 3D ou incluso IA.
¿Cómo convive todo iso coa artesanía?

Eu nunca vin a tecnoloxia como unha ameaza para o oficio. Ao contrario.

O oficio sempre evolucionou coas ferramentas que tivo ao seu alcance.

O deseño por ordenador, a impresión 3D ou a IA non sustitúen a artesania.
Son ferrramentas da civilización que nos tocou vivir, igual que fai milenios a microfusion ou cera perdida.

A idea nace igual: dunha conversa, dun debuxo, da natureza ou dun instante no que algo fai click na cabeza. E despois son as mans, a experiencia e o criterio do artesán os que deciden como esa idea acaba convertendose nunha xoia.

Das moitas pezas que facedes…
¿cales son as que máis responsabilidade levan?

As que teñen unha historia detrás.
unhas alianzas, unha xoia dunha avoa, unha peza que alguén leva anos imaxinando…

nese momento deixas de pensar nunha xoia e comenzas a pensar na persoa que a vai levar.

E iso dáche unha responsabilidade enorme, pero tamén é o que fai que este oficio sexa tan bonito.

Somos de aquí.

«Nesta terra aprendes a observar antes de actuar,
a ter paciencia
e a valorar o que custa canseguir.»
Cando a xente pensa na Costa da Morte,
case sempre pensa no mar.
¿Ti en qué pensas?
Nas persoas.

Porque a mar explica a paisaxe ,
pero son as súas xentes as que explican este lugar.

Son xentes que aprenden a vivir
coa incerteza, que marcharon cando
fixo falta e sempre soñaron con volver…

Cando medras nesta terra aprendes
a observar antes de actuar, a ter
paciencia e a valorar o que custa conseguir.

Co paso de tempo esa maneira de entender a vida acabou formando parte de ne/ma.

Se tiñas tan claro que este era o teu lugar…
¿por qué marchaches?

Porque nesta terra hai moitas ventás mirando ao mar.

Sempre pensei que esas ventás invitan a mirar máis aló da liña do horizonte…

Marchei para abrir ventás no meu oficio.

Para observar, aprender e deixar que cada lugar fose cambiando un pouco a miña maneira de mirar o mundo.

E, curiosamente, canto máis aprendia fora, máis claro tiña que un día volvería aquí.

Porque había algo que só podía cobrar sentido contado desde o mau fogar.

Falamos dos lugares polos que pasaches.
Pero… ¿qué foi realmente a máis importante que trouxeches de volta?

Santiago
o oficio.

Asturias
novas técnicas.

Nova York velocidade
do mundo.

Perú
as cousas importantes,
necesitan tempo.

Creo que cada lugar me abriu unha ventá diferente.

Santiago abriu a do oficio.
Asturias ensinoume a valerme por min mesmo e descubrir novas técnicas.
Nova York ensinoume a velocidade coa que pode vivir o mundo.

Perú recordoume que as cousas importantes necesitan tempo.

Pero sobre todo foi alí onde coñecin a miña parella.
Se todos eses lugares me abriron ventás…
ela abriu unha porta.

A porta cara á familia.
Cara ao fogar.
E, co paso do tempo cara a ne/ma.

Despois de todo ese camiño…

¿cando sentiches que chegara o momento de abrir as portas de ne/ma?

Creo que ne/ma non naciu nun día concreto.
Foi tomando forma pouco a pouco.

Cada lugar deixou unha pegada . Cada persoa ensinoume algo. Cada etapa fixo que me preguntasse que clase de artesán quería ser.

O Covid obrigounos a parar e a volver mirar cara dentro. E, ás veces, cando todo se detémn, tamén aparece a oportunidade de empezar doutro xeito.

Entendemos que non queríamos abrir unha xoieria como as de sempre. Queríamos abrir un obradoiro vivo. Un lugar onde as persoas puideran entrar, descubrir o oficio, crear as súas propias pezas, transfromar outras cheas de historia e entender que unha xoia nace moito antes de chegar ás mans de quen a leva.

E así, case sen decatarnos, naceu ne/ma.

Dentro do taller pasan cousas.

Un espazo onde as xoias nacen,
se transforman e cobran sentido.

¿Cando alguén abre a porta de ne/ma por primeira vez…
¿que che gustaría que atopase?

Gustariame que respirase tranquilidade.
Que non sentise que entra nun sitio onde hai que mercar algo.

Aquí as xoias non aparecen nunha vitrina.
Nacen neste espazo.

Cada dia o taller conta unha historia diferente.

Tí sempre dis que
ne/ma non é unha xoiería.
¿Por qué?

Porque aquí non compramos xoias feitas por outras persoas para despois revendelas.

Aquí as xoias nacen e tamén se transforman.

Acompañamos todo o proceso ata que esa peza ten sentido para quen a vai levar.

Todo o que sae deste taller pasa polas túas mans.
¿Por qué é importante para tí que sexa así?

Porque para mín o oficio do xoieiro é ter paciencia e deixar que as mans se expresen a través do metal.

Interpretar unha idea, unha conversa, un debuxo ou algo que ves na natureza.

E ás veces , o metal tamén che vai indicando o camiño.

«O metal tamén che vai indicando o camiño.»

Se alguén entrase agora mesmo no taller seguramente lle sorprendería atopar ferramentas tradicionais xunto a un ordenador, unha impresora 3D ou incluso IA.
¿Cómo convive todo iso coa artesanía?

Eu nunca vin a tecnoloxia como unha ameaza para o oficio. Ao contrario.

O oficio sempre evolucionou coas ferramentas que tivo ao seu alcance.

O deseño por ordenador, a impresión 3D ou a IA non sustitúen a artesania.
Son ferrramentas da civilización que nos tocou vivir, igual que fai milenios a microfusion ou cera perdida.

A idea nace igual: dunha conversa, dun debuxo, da natureza ou dun instante no que algo fai click na cabeza. E despois son as mans, a experiencia e o criterio do artesán os que deciden como esa idea acaba convertendose nunha xoia.

Das moitas pezas que facedes…
¿cales son as que máis responsabilidade levan?

As que teñen unha historia detrás.
unhas alianzas, unha xoia dunha avoa, unha peza que alguén leva anos imaxinando…

nese momento deixas de pensar nunha xoia e comenzas a pensar na persoa que a vai levar.

E iso dáche unha responsabilidade enorme, pero tamén é o que fai que este oficio sexa tan bonito.

Somos de aquí.

«Nesta terra aprendes a observar antes de actuar,
a ter paciencia
e a valorar o que custa canseguir.»
Cando a xente pensa na Costa da Morte,
case sempre pensa no mar.
¿Ti en qué pensas?
Nas persoas.

Porque a mar explica a paisaxe ,
pero son as súas xentes as que explican este lugar.

Son xentes que aprenden a vivir
coa incerteza, que marcharon cando
fixo falta e sempre soñaron con volver…

Cando medras nesta terra aprendes
a observar antes de actuar, a ter
paciencia e a valorar o que custa conseguir.

Co paso de tempo esa maneira de entender a vida acabou formando parte de ne/ma.

Se tiñas tan claro que
este era o teu lugar…
¿por qué marchaches?

Porque nesta terra hai moitas ventás mirando ao mar.

Sempre pensei que esas ventás invitan a mirar máis aló da liña do horizonte…

Marchei para abrir ventás no meu oficio.

Para observar, aprender e deixar que cada lugar fose cambiando un pouco a miña maneira de mirar o mundo.

E, curiosamente, canto máis aprendia fora, máis claro tiña que un día volvería aquí.

Porque había algo que só podía cobrar sentido contado desde o meu fogar.

Falamos dos lugares polos que pasaches.
Pero… ¿qué foi realmente a máis importante que trouxeches de volta?

Asturias
novas técnicas.

Nova York velocidade
do mundo.

Perú
as cousas importantes,
necesitan tempo.

Creo que cada lugar me abriu unha ventá diferente.

Santiago abriu a do oficio.
Asturias ensinoume a valerme por min mesmo e descubrir novas técnicas.
Nova York ensinoume a velocidade coa que pode vivir o mundo.

Perú recordoume que as cousas importantes necesitan tempo.

Pero sobre todo foi alí onde coñecin a miña parella.
Se todos eses lugares me abriron ventás…
ela abriu unha porta.

A porta cara á familia.
Cara ao fogar.
E, co paso do tempo cara a ne/ma.

Despois de todo ese camiño…

¿cando sentiches que chegara o momento de abrir as portas de ne/ma?

Creo que ne/ma non naciu nun día concreto.
Foi tomando forma pouco a pouco.

Cada lugar deixou unha pegada . Cada persoa ensinoume algo. Cada etapa fixo que me preguntase que clase de artesán quería ser.

O Covid obrigounos a parar e a volver mirar cara dentro. E, ás veces, cando todo se detén, tamén aparece a oportunidade de empezar doutro xeito.