Dentro do taller pasan cousas.

Un espazo onde as xoias nacen,
se transforman e cobran sentido.

Cando alguén abre a porta de ne/ma por primeira vez…

¿que che gustaría que atopase?

Gustariame que respirase tranquilidade.

Que tivese a sensación de entrar
nun lugar onde pasan cousas.

Que entendese que aquí hai un oficio vivo.
Hai quen entra por curiosidade…

Depois xa veremos o que acontece.

Aquí as xoias non aparecen nunha vitrina.

Nacen neste espazo.

Cada día o taller conta unha historia diferente.

Tí sempre dis que
ne/ma non é unha xoiería.

¿Por qué?

Porque aquí non compramos
xoias feitas por outras persoas
para despois revendelas.

Aquí as xoias nacen e tamén
se transforman.

Acompañamos todo o proceso
ata que esa peza ten sentido
para quen a vai levar.

Todo o que sae deste taller
pasa polas túas mans.

¿Por qué é importante
para tí que sexa así?

Porque para mín o oficio do xoieiro
é ter paciencia e deixar
que as mans se expresen
a través do metal.

Interpretar unha idea, unha conversa,
un debuxo ou
algo que ves na natureza.

E ás veces , o metal tamén che vai indicando o camiño.

«O metal tamén che vai indicando o camiño.»

Se alguén entrase agora
mesmo no taller
seguramente lle sorprendería atopar ferramentas tradicionais xunto a un ordenador,
unha impresora 3D
ou incluso IA.

¿Cómo convive todo iso coa artesanía?

Eu nunca vin a tecnoloxia
como unha ameaza para o oficio.
Ao contrario.

O oficio sempre evolucionou coas ferramentas que tivo
ao seu alcance.

O deseño por ordenador,
a impresión 3D ou a IA
non sustitúen a artesania.

Son ferrramentas da civilización
que nos tocou vivir,
igual que fai milenios a cera perdida.

A idea nace igual:
dunha conversa, dun debuxo,
da natureza ou dun instante
no que algo fai click na cabeza.

E despois son as mans, a experiencia
e o criterio do artesán os que
deciden como esa idea acaba
convertendose nunha xoia.

Das moitas pezas que facedes…

¿cales son as que máis
responsabilidade levan?

As que teñen unha historia detrás.
Unhas alianzas,
unha xoia dunha avoa,
unha peza que alguén leva anos imaxinando…

Nese momento deixas
de imaxinar unha xoia e
comenzas a pensar na persoa
que a vai levar.

E iso dáche unha responsabilidade enorme,
pero tamén é o que fai que
este oficio sexa tan bonito.

Esto é o que hai.
O que ven despois… xa depende de quen cruce esa porta.

Dentro do taller pasan cousas.

Un espazo onde as xoias nacen,
se transforman e cobran sentido.

¿Cando alguén abre a porta de ne/ma por primeira vez…
¿que che gustaría que atopase?

Gustariame que respirase tranquilidade.

Que tivese a sensación de entrar
nun lugar onde pasan cousas.

Que entendese que aquí hai un oficio vivo.
Hai quen entra por curiosidade…
Depois xa veremos o que acontece.

Aquí as xoias non aparecen nunha vitrina.

Nacen neste espazo.

Cada dia o taller conta unha historia diferente.

Tí sempre dis que
ne/ma non é unha xoiería.
¿Por qué?

Porque aquí non compramos xoias feitas por outras persoas para despois revendelas.

Aquí as xoias nacen e tamén se transforman.

Acompañamos todo o proceso ata que esa peza ten sentido para quen a vai levar.

Todo o que sae deste taller
pasa polas túas mans.

¿Por qué é importante
para tí que sexa así?

Porque para mín o oficio do xoieiro
é ter paciencia e deixar
que as mans se expresen a través do metal.

Interpretar unha idea, unha conversa,
un debuxo ou algo que ves na natureza.

E ás veces ,
o metal tamén che vai indicando o camiño.

«O metal tamén che vai indicando o camiño.»

Se alguén entrase
agora mesmo no taller
seguramente lle sorprendería
atopar ferramentas tradicionais
xunto a un ordenador,
unha impresora 3D ou incluso IA.

¿Cómo convive todo iso coa artesanía?

Eu nunca vin a tecnoloxia como
unha ameaza para o oficio.
Ao contrario.

O oficio sempre evolucionou
coas ferramentas que tivo ao seu alcance.

O deseño por ordenador, a impresión 3D
ou a IA non sustitúen a artesania.

Son ferrramentas da civilización
que nos tocou vivir,
igual que fai milenios a cera perdida.

A idea nace igual: dunha conversa,
dun debuxo, da natureza
ou dun instante no que
algo fai click na cabeza.

E despois son as mans,
a experiencia e o criterio do artesán
os que deciden como esa idea acaba convertendose nunha xoia.

Das moitas pezas que facedes…
¿cales son as que máis
responsabilidade levan?

As que teñen unha historia detrás.
Unhas alianzas, unha xoia dunha avoa,
unha peza que alguén leva anos imaxinando…

Nese momento deixas de imaxinar
unha xoia e comenzas a pensar
na persoa que a vai levar.

E iso dáche unha responsabilidade enorme,
pero tamén é o que fai
que este oficio sexa tan bonito.

ne/ma espazo creativo