Costa da Morte.

Somos de aquí.

«Nesta terra aprendes a observar antes de actuar,
a ter paciencia
e a valorar o que custa canseguir.»
Cando a xente pensa na Costa da Morte,
case sempre pensa no mar.
¿Ti en qué pensas?
Nas persoas.

Porque a mar explica a paisaxe ,
pero son as súas xentes as que explican este lugar.

Son xentes que aprenden a vivir
coa incerteza, que marcharon cando
fixo falta e sempre soñaron con volver…

Cando medras nesta terra aprendes
a observar antes de actuar, a ter
paciencia e a valorar o que custa conseguir.

Co paso de tempo esa maneira de entender a vida acabou formando parte de ne/ma.

Se tiñas tan claro que este era o teu lugar…
¿por qué marchaches?

Porque nesta terra hai moitas ventás mirando ao mar.

Sempre pensei que esas ventás invitan a mirar máis aló da liña do horizonte…

Marchei para abrir ventás no meu oficio.

Para observar, aprender e deixar que cada lugar fose cambiando un pouco a miña maneira de mirar o mundo.

E, curiosamente, canto máis aprendia fora, máis claro tiña que un día volvería aquí.

Porque había algo que só podía cobrar sentido contado desde o mau fogar.

Falamos dos lugares polos que pasaches.
Pero… ¿qué foi realmente a máis importante que trouxeches de volta?

Santiago
o oficio.

Asturias
novas técnicas.

Nova York velocidade
do mundo.

Perú
as cousas importantes,
necesitan tempo.

Creo que cada lugar me abriu unha ventá diferente.

Santiago abriu a do oficio.
Asturias ensinoume a valerme por min mesmo e descubrir novas técnicas.
Nova York ensinoume a velocidade coa que pode vivir o mundo.

Perú recordoume que as cousas importantes necesitan tempo.

Pero sobre todo foi alí onde coñecin a miña parella.
Se todos eses lugares me abriron ventás…
ela abriu unha porta.

A porta cara á familia.
Cara ao fogar.
E, co paso do tempo cara a ne/ma.

Despois de todo ese camiño…

¿cando sentiches que chegara o momento de abrir as portas de ne/ma?

Creo que ne/ma non naciu nun día concreto.
Foi tomando forma pouco a pouco.

Cada lugar deixou unha pegada . Cada persoa ensinoume algo. Cada etapa fixo que me preguntasse que clase de artesán quería ser.

O Covid obrigounos a parar e a volver mirar cara dentro. E, ás veces, cando todo se detémn, tamén aparece a oportunidade de empezar doutro xeito.

Entendemos que non queríamos abrir unha xoieria como as de sempre. Queríamos abrir un obradoiro vivo. Un lugar onde as persoas puideran entrar, descubrir o oficio, crear as súas propias pezas, transfromar outras cheas de historia e entender que unha xoia nace moito antes de chegar ás mans de quen a leva.

E así, case sen decatarnos, naceu ne/ma.

Esto é o que hai.
O que ven despois… xa depende de quen cruce esa porta.

Costa da Morte.

Somos de aquí.

«Nesta terra aprendes a observar antes de actuar,
a ter paciencia
e a valorar o que custa canseguir.»
Cando a xente pensa na Costa da Morte,
case sempre pensa no mar.
¿Ti en qué pensas?
Nas persoas.

Porque a mar explica a paisaxe ,
pero son as súas xentes as que explican este lugar.

Son xentes que aprenden a vivir
coa incerteza, que marcharon cando
fixo falta e sempre soñaron con volver…

Cando medras nesta terra aprendes
a observar antes de actuar, a ter
paciencia e a valorar o que custa conseguir.

Co paso de tempo esa maneira de entender a vida acabou formando parte de ne/ma.

Se tiñas tan claro que
este era o teu lugar…
¿por qué marchaches?

Porque nesta terra hai moitas ventás mirando ao mar.

Sempre pensei que esas ventás invitan a mirar máis aló da liña do horizonte…

Marchei para abrir ventás no meu oficio.

Para observar, aprender e deixar que cada lugar fose cambiando un pouco a miña maneira de mirar o mundo.

E, curiosamente, canto máis aprendia fora, máis claro tiña que un día volvería aquí.

Porque había algo que só podía cobrar sentido contado desde o meu fogar.

Falamos dos lugares polos que pasaches.
Pero… ¿qué foi realmente a máis importante que trouxeches de volta?

Asturias
novas técnicas.

Nova York velocidade
do mundo.

Perú
as cousas importantes,
necesitan tempo.

Creo que cada lugar me abriu unha ventá diferente.

Santiago abriu a do oficio.
Asturias ensinoume a valerme por min mesmo e descubrir novas técnicas.
Nova York ensinoume a velocidade coa que pode vivir o mundo.

Perú recordoume que as cousas importantes necesitan tempo.

Pero sobre todo foi alí onde coñecin a miña parella.
Se todos eses lugares me abriron ventás…
ela abriu unha porta.

A porta cara á familia.
Cara ao fogar.
E, co paso do tempo cara a ne/ma.

Despois de todo ese camiño…

¿cando sentiches que chegara o momento de abrir as portas de ne/ma?

Creo que ne/ma non naciu nun día concreto.
Foi tomando forma pouco a pouco.

Cada lugar deixou unha pegada . Cada persoa ensinoume algo. Cada etapa fixo que me preguntase que clase de artesán quería ser.

O Covid obrigounos a parar e a volver mirar cara dentro. E, ás veces, cando todo se detén, tamén aparece a oportunidade de empezar doutro xeito.

Entendemos que non queríamos abrir unha xoieria como as de sempre.

Queríamos abrir un obradoiro vivo.

Un lugar onde as persoas puideran entrar, descubrir o oficio, crear as súas propias pezas, transfromar outras cheas de historia e entender que unha xoia nace moito antes de chegar ás mans de quen a leva.

E así, case sen decatarnos, naceu ne/ma.

Esto é o que hai.
O que ven depois… xa depende de quen
entre por esa porta.